NOVAS


PRESENTACIÓN DE BICEBERSA


O vindeiro venres, día 23 de febreiro, ás 20:00 horas, no Espazo Lector Nobel (Librería O Pontillón - Moaña) tera lugar un encontro cos lectores e a presentación pública de BICEBERSA (Contos vellos de tempos novos, ou viceversa) a páxina web literaria de Serafín Parcero.

Agardamos a túa presencia!

PRESENTACIÓN DE "INSULAE DEORUM" EN MOAÑA

O día 15 de decembro Serafín Parcero presentou a súa novela "Insulae Deorum" no Salon de Plenos do Concello de Moaña. Este acto, incluído dentro das Xornadas "A Nosa Cultura" organizadas pola A. C. Nós, contou coa presencia de numeroso público entre o que se atopaban varios membros da xunta directiva da devandita Asociación, a alcaldesa de Moaña, Leticia Santos e a concelleira Coral Ríos.

Ao final do acto o escritor asinou exemplares da súa obra aos asistentes.


SERAFÍN PARCERO NO OUTONO CULTURAL DA ASOCIACION CACAREXO DE COIRO

Invitado pola A. C. Cacarexo de Coiro o autor moañés, residente nesa parroquia canguesa, foi invitado, o día 3 de novembro, a participar nunha das xornadas do Outono Cultural 2017 organizada pola A.C. Cacarexo. No evento, que levaba o título "O autor e a súa obra", logo de facer un percorrido pola súa traxectoria literaria e de ler algunha das súas obras galardonadas, o autor procedeu a presentar a súa primeira novela longa "Insulale Deorum"

Ao final da disertación tivo lugar un animado debate.




PRESENTACIÓN DE "INSULAE DEORUM" EN CANGAS

O día 28 de outubro Serafín Parcero presentou a súa novela "Insulae Deorum" no Salon de Plenos do Concello de Cangas. O acto, presentado polo Conselleiro de Ensino, Xoan C. Chillón, contou coa presencia de numeroso público. Ao final do acto o escritor asinou exemplares da súa obra aos asistentes.




PRESENTACION DE "INSULAE DEORUM"

O día 15 de outubro Serafín Parcero presentou a súa primeira novela longa, "Insulae Deorum" na Sala Amalia Dominguez de Bueu. O autor escolleu esta localidade para dar a coñecer ao público a súa obra porque gran parte da trama da mesma desenrólase no especial e único espazo natural da Illa de Ons.

O autor foi presentado por Manoel Outeiro, Concelleiro de Deportes do Concello de Bueu.


PRESENTACION "VIÚVAS DE VIVOS E DE MORTOS" EN MOAÑA


O día 20 de xuño o escritor Serafín Parcero presentou no Salón de Actos do Concello de Moaña a súa segunda novela longa "Viúvas de vivos e de mortos" publicada pola editorial Do Peirao de Santiago de Compostela.

O acto, organizado pola A.C. Nós de Moaña estivo introducido por Manoel A. Méndez, presidente da devandita asociación. O doutor en socioloxía Manuel Pérez Rúa precedeu ao autor e debullou para o público algúns aspectos destacables tanto da obra como da traxectoria vital e creativa do autor, que foi o seguinte en tomar a palabra.

Ao remate do acto, o autor asinou numerosos exemplares da súa nova obra.